Ir ao contido
G

Quen somos

Un taller de vila, con equipos de cidade

Profesionais con moitos anos de experiencia no sector e formación continua nas tecnoloxías que montan os coches actuais.

Como traballamos

Somos profesionais con moitos anos no sector e con formación continua nas tecnoloxías que montan os coches actuais. Iso permítenos entrar en calquera intervención con garantías.

Nas nosas instalacións facemos desde a reparación máis simple ata a máis complexa: mecánica, electricidade, electrónica e transmisión. Traballamos con todas as marcas do mercado, tanto turismos coma vehículos comerciais, en gasolina e en diésel.

Todos os nosos servizos e recambios están garantidos e axústanse ás normativas de calidade vixentes.

Detalle do circuíto de correa e poleas dun motor durante unha intervención

Equipamento

Con que o facemos

O equipamento do taller permítenos intervir sobre calquera dos sistemas que monta o seu vehículo, por moderno que sexa.

  • Equipos de diagnose

    Lectura de centraliñas e sistemas electrónicos de calquera marca.

  • Liña pre-ITV

    Comprobamos aquí os mesmos puntos que revisa a inspección.

  • Analizador de gases

    Control de emisións en gasolina e diésel.

  • Elevadores

    Acceso completo a baixos, transmisión e suspensión.

Traia o coche e falamos

Sen compromiso. Dicímoslle que ten, que corre présa e que pode agardar.

Chamar ao taller
Chamar ao taller