Santa Cruz de Ribadulla · Vedra
O seu coche,
Taller multimarca con equipos de diagnose actuais. Da revisión rápida á avaría que ninguén atopa. E se non ten tempo, imos polo coche e pasámoslle a ITV.
Chamar ao tallerDe luns a venres, de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.
Todas as marcas
Turismos e comerciais, gasolina e diésel.
Traballo garantido
Servizos e recambios baixo a normativa vixente.
Pasámoslle a ITV
Recollida, inspección e entrega. Sen colas.
Recollida a domicilio
Imos polo coche e devolvémosllo.
O que máis nos piden
Que lle pasa
ao coche?
-
Tócalle a ITV e non sabe se a vai pasar?
Revisión Pre-ITV
Revisamos antes os mesmos puntos que examina a inspección, para que non teña que volver.
-
Debuxo gastado, un furado ou o testemuño de presión?
Cambio de pneumáticos
Substitución, equilibrado, reparación de furados e control de desgaste e presión, con sistemas TPMS.
-
Tócalle o cambio de aceite e filtros?
Mantemento
Aceite de motor, filtros de aire e antipole, buxías, limpaparabrisas e as revisións que marca o fabricante.
-
Acendeuselle un testemuño e ninguén sabe por que?
Diagnose de avarías
Equipos de diagnose para localizar a avaría en calquera sistema do vehículo antes de tocar nada.
Traballamos outros trece servizos máis, de electrónica e inxección a freos e climatización.
Ver os 17 servizos
O taller
Oficio e equipos
ao día
Moitos anos de experiencia no sector e formación continua nas tecnoloxías que montan os coches novos. Iso permítenos entrar en calquera reparación: da máis simple á que leva tempo dando guerra.
Elevadores, analizadores de gases, liña pre-ITV e equipos de diagnose para calquera sistema do vehículo.
- Turismos e vehículos comerciais
- Gasolina e diésel, todas as marcas
- Mecánica, electricidade, electrónica e transmisión
- Servizos e recambios garantidos
Pedir cita
Unha chamada e listo
É o máis rápido. Dinos que lle pasa ao coche e cando lle vén ben, e confirmámoslle o oco.
Prefire deixalo por escrito con todos os detalles? Entón envíenos unha petición por correo.
Onde estamos
Santa Cruz
de Ribadulla
En pleno Vedra, canda a estrada de Santiago (N-525), entre Santiago de Compostela e A Estrada.
Santa Cruz de Rivadulla
15880 Vedra (A Coruña)
Ao abrilo cárgase Google Maps, que pode instalar as súas propias cookies.
Vista previa © colaboradores de OpenStreetMap
Como chegarHorario
- De luns a venres
- 09:00 – 13:00 · 15:00 – 20:00
- Sábado e domingo
- Pechado